Friday 19 de April de 2024

O centro social da Rúa acollerá unha charla informativa sobre puerperio o vindeiro sábado 14 de maio


• A iniciativa, organizada polo Concello en colaboración co Colectivo Feminista de Miño e Microescuelas, realizarase en horario de 17:00 a 20:00 horas. A entrada será libre ata completar aforo.

• O coloquio contará coa exposición das especialistas Paula García e Verónica Fernández.

O Concello de Miño, en colaboración co Colectivo Feminista de Miño e Microescuelas, organiza o vindeiro sábado 14 de maio unha charla informativa sobre puerperio. O evento terá lugar na planta superior do centro social da Rúa.

O coloquio, que se desenvolverá en horario de 17:00 a 20:00 horas, contará coas exposicións de Paula García Otero, asesora de lactación e especialista en anquiloglosia, e da asesora familiar e docente Verónica Fernández. A entrada será libre ata completar aforo.

Desde o goberno local miñense destacan o “alto valor formativo” da presentación “para moitas persoas non municipio”. “En Miño temos a sorte de contar cun alto índice de mulleres embarazadas ou que deron a luz recentemente e que poden ampliar coñecementos a través deste tipo de iniciativas”, explican.